mércores, 5 de febreiro de 2014

I Certame de cantautores e cantautoras Concello de Teo

07/01/2014 O Concello de Teo publica as bases do 1º Certame de canción de autor en galego Concello de Teo. Consulta as bases completas premendo aquí
Descarga aquí a ficha de inscrición
Se tes fame de crear na túa lingua mira este vídeo

Trátase dun certame que pretende presentar unha mostra das creacións galegas de autoría propia; ofrecer ós/ás cantautores/as oportunidades para darse a coñecer; ofrecer ás persoas participantes a oportunidade de conseguir un material de gravación e promoción que apoie a súa carreira e contribuír á normalización lingüística da lingua galega nun eido tan importante para a difusión do idioma.
Esta iniciativa conta co apoio da Sercretaría Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia e de Gadis. 
Dirixido:
  • Poderán participar todas aquelas autoras/autores maiores de 16 anos que compoñan e interpreten temas musicais vocais en lingua galega (que sexan inéditos e orixinais).
  • Os participantes non terán ningún disco editado profesionalmente. Tampouco contarán con ningún contrato asinado cun selo discográfico a nivel individual.
  • Admítense todos os estilos musicais.
  • O/a autor/a das cancións deberá ser que as interprete. Poderá acompañarse dun instrumento ou, no seu defecto, permitirase o acompañamento dun segundo músico instrumentista.
Lugar de solicitude:
  • As inscricións faranse exclusivamente a través dun formulario online na web do Concello de Teo www.concellodeteo.com. O período de inscrición será desde o 30 de xaneiro ata o 10 de marzo do 2014. A inscrición será totalmente gratuíta.
  • As inscricións poderán entregarse de tres maneiras:
    1. Correo electrónico: Enviando a información solicitada á dirección certameautor@concellodeteo.com
    2. Correo postal: Enviando a información solicitada á seguinte dirección: Concello de Teo, Departamento de Cultura, Certame de Canción de Autor en Galego, Travesía da Ramallosa, nº38, 15883 - A Ramallosa, Teo (A Coruña)
    3. Presencial: Entregando a información solicitada no Departamento de Cultura, no horario de 8h a 15h
Prazo:O período de inscrición será dende o 08 de xaneiro ata o 10 de marzo de 2014.
En prazo de presentación: 08/01/2014 - 10/03/2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario