mércores, 12 de marzo de 2014

XVII Concurso de carteis da Festa do Polbo

 
O Concello de Mugardos convoca o XVII Concurso de carteis da Festa do Polbo.
1 Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.

2 Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. Non se pode facer por ordenador,ten que ser orixinal.
Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto:

  XXIV Festa do Polbo
  Concello de Mugardos
  Sábado, 12 de xullo de 2014
3 O prazo de presentación estará aberto todo o mes de marzo de 2014.

4 Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla cos datos completos do autor/a: nome e apelidos, idade, enderezo completo e teléfono.

5 O premio e500 € .
Lingua Galega

presentado por Correspondente de Xelmírez 1;
Concurso de curtas Revoltallo audiovisual 2014 (Oixuventude.net)
revoltallo
Bases do concurso:
-As curtas presentadas serán de temática social e/ou ambiental.
-O idioma das mesmas será o galego ou o castelán e, de estar noutro idioma, deberán estar subtituladas.
-Os materiais audiovisuais entregados terán unha duración máxima de 20 minutos.
As curtas entregaranse co seguinte material e documentación:
-Unha copia da obra en DVD
-Ligazón para descargar a curta
-Breve sinopse da curta
-Biofilmografía da persoa que dirixe ou produce a curta
-Fotografía ou fotograma da obra
-Ficha de inscrición
-A entrega farase por correo postal ou entrega en man no enderezo: revoltallo2014@gmail.com
Rúa Corredoira das Fraguas.
-A data límite de entrega é o 30 de abril de 2014. Os envíos postais deberán ter como data límite de saída o 30 de abril.

O
premio á curta gañadora consistirá nunha cesta de produtos ecolóxicos de hortas locais e de comercio xusto.
Para máis información:

FOTOGRAFÍA LUIS KSADO
 camaraantiga

A Deputación da Coruña convoca o XI Premio de creación fotográfica Luis Ksado
Poderán participar as persoas interesadas maiores de idade e que non fosen premiadas nas edicións anteriores.

Establécese un único premio de 6,500 E.
O proceso de admisión estará aberto ata o 29 de agosto de 2014.
Máis información www.dicoruna.es/cultura/premios/ksado



IX Premio de banda deseñada “Castelao”
Xoves, 20 febreiro 2014 11:50
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores,que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas. Máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).
A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 4 de abril de 2014.
                                                                                Establécese un premio único dotado con 6.500 €
Máis información no BOP da Coruña e en www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao

VI Concurso de rock “Deputación da Coruña”



Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
Premios:1º clasificado 3.000 €
2º e 3º clasificado 1.500 €
4º e 5º clasificado 1.000 €

Dossier fotográfico e de prensa
CD ou traballo discográfico composto polo grupo

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de maio de 2014.
Máis información en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/rock