mércores, 29 de xaneiro de 2014

Estuda Bacharelato en Canadá



A fundación Amancio Ortega convoca 100 bolsas para alumnos interesados en estudar en Canadá durante un ano equivalente a primeiro de Bacharelato.

 Requisitos:

·        Inscrito como alumno de 4º da ESO.

·        Nota media e final da materia en 3º da ESO, igual ou superior a 8 ptos.

·        Non ter gozado, ningún curso anterior durante a  ESO, dun ano académico no extranxeiro.

 
A solicitude farase a través do formulario de inscrición na documentación requirida na paxina web  www.becasestudiaencanada.org.

O prazo estará en vigor ata  o 7 de febrero do 2014.
Katerín Viviana



 
VI Premio de Arte Fundación María José Jove para a mocidade PDF Imprimir
Luns, 20 Xaneiro 2014 15:45
LogoPremio2014A Fundación María José Jove convoca o  VI Premio Internacional de Arte Fundación María José Jove  na que poden participar todos os artistas menores de 35 anos.
Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras orixinais e propias, de temática e técnica libres, en calquera das seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografa, instalación e novas disciplinas, responsabilizándose o artista a todos os efectos da orixinalidade e titularidade das devanditas obras.
Pintura: establécese un formato mínimo de 50 cm. nalgunha das súas dimensións e máximo de 250 cm.
Escultura: as obras deberán axustarse a un formato mínimo de 40 cm. nalgunha das súas dimensións e máximo de 250 cm.
Fotografía: as fotografías, en cor ou en branco e negro, terán que presentarse sobre un soporte ríxido (non se admite cartón-pluma). Establécese un formato mínimo de 60 cm. nalgunha das súas dimensións e un máximo de 200 cm.
Outras disciplinas: admítense instalacións, disciplinas mixtas ou calquera outra manifestación plástica alternativa a excepción de videocreaciones ou formatos dixitais.
Premios:12.000 € en concepto de premio-adquisición. A obra gañadora do certame pasará a formar parte da Colección de Arte Manuel Jove.
15.000 € a empregar segundo criterios da Fundación María José Jove, en concepto de fondo de adquisición de obras para a Fundación María José Jove.
Prazos:Ata o 13 de marzo de 2014, os autores que desexen concorrer ao premio deben enviar previamente as obras vía on-line. Para iso hai que cubrir o boletín de inscrición accesible a través da páxina web da Fundación María José Jove achegando as imaxes da obra en formato jpg e en resolución alta (300 ppp) xa que serán as empregadas no catálogo no caso de ser obra seleccionada.
Cada artista pode presentar dúas obras como máximo. Neste caso é necesaria unha inscrición individualizada para cada obra. No momento se realizar a inscrición on-line cada artista recibirá un número de subscrición que deberá gardar como a súa referencia de participación.
Máis información en www.fundacionmariajosejove.org