VI Premio de Arte Fundación María José Jove para a mocidade |
Luns, 20 Xaneiro 2014 15:45 |
A Fundación María José Jove convoca o VI Premio Internacional de Arte Fundación María José Jove na
que poden participar todos os artistas menores de 35 anos.
Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras orixinais e
propias, de temática e técnica libres, en calquera das seguintes
disciplinas: pintura, escultura, fotografa, instalación e novas
disciplinas, responsabilizándose o artista a todos os efectos da
orixinalidade e titularidade das devanditas obras.Pintura: establécese un formato mínimo de 50 cm. nalgunha das súas dimensións e máximo de 250 cm. Escultura: as obras deberán axustarse a un formato mínimo de 40 cm. nalgunha das súas dimensións e máximo de 250 cm. Fotografía: as fotografías, en cor ou en branco e negro, terán que presentarse sobre un soporte ríxido (non se admite cartón-pluma). Establécese un formato mínimo de 60 cm. nalgunha das súas dimensións e un máximo de 200 cm. Outras disciplinas: admítense instalacións, disciplinas mixtas ou calquera outra manifestación plástica alternativa a excepción de videocreaciones ou formatos dixitais. Premios:12.000 € en concepto de premio-adquisición. A obra gañadora do certame pasará a formar parte da Colección de Arte Manuel Jove. 15.000 € a empregar segundo criterios da Fundación María José Jove, en concepto de fondo de adquisición de obras para a Fundación María José Jove. Prazos:Ata o 13 de marzo de 2014, os autores que desexen concorrer ao premio deben enviar previamente as obras vía on-line. Para iso hai que cubrir o boletín de inscrición accesible a través da páxina web da Fundación María José Jove achegando as imaxes da obra en formato jpg e en resolución alta (300 ppp) xa que serán as empregadas no catálogo no caso de ser obra seleccionada. Cada artista pode presentar dúas obras como máximo. Neste caso é necesaria unha inscrición individualizada para cada obra. No momento se realizar a inscrición on-line cada artista recibirá un número de subscrición que deberá gardar como a súa referencia de participación. Máis información en www.fundacionmariajosejove.org |
Ningún comentario:
Publicar un comentario