A
fin de garantir a máxima participación e colaboración efectiva das
entidades de participación xuvenil e da mocidade galega na elaboración
do que será a Estratexia Xuventude 2014-2016, ábrese o prazo ata o vindeiro 18 de decembro para facer as achegas que consideredes poidan reverter na mellora e vialibilidade deste Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia.
Ademais, dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, quérese
favorecer a través dun proceso de participación estruturado, a
posibilidade de incorporar as achegas e consideracións dos mozos e mozas
interesados/as así como das entidades que traballan no ámbito da
xuventude para o que está previsto desenvolver varias sesións de
traballo. De estar interesado/a en participar, podes inscribirte aquí.
- Achegas e suxestións
- Inscrición nas sesións de traballo
- Ourense: 9 de decembro, 20:00 h
- Casa da Xuventude (Espazo Xove de Ourense)
- Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27
- Santiago de Compostela: 9 de decembro, 20:00 h
- Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
- Praza do Matadoiro, s/n
- Vigo: 10 de decembro, 20:00 h
- Edificio administrativo da Xunta de Galicia
- Rúa Concepción Arenal, 8
- A Coruña: 10 de decembro, 20:00 h
- Centro Quérote +
- Praza de Ourense, 7-9, 1º esquerda
- Pontevedra: 11 de decembro, 20:00 h
- Edificio administrativo da Xunta de Galicia
- Avenida Fernández Lareda, 43
- Lugo: 11 de decembro, 20:00 h
- Complexo residencial xuvenil LUG I
- Rúa Pintor Corredoira, 2
- Ferrol: 12 de decembro, 20:00 h
- Edificio administrativo da Xunta de Galicia
- Praza de Camilo José Cela. s/n
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario