mércores, 19 de marzo de 2014

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.


A Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2014.
-Ciclos Formativos de Grao Medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 4 de xuño de 2014.
Poderán inscribirse nás probas de acceso quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

-Ciclos Formativos de Grao Superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos. Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e estean nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
b) Facer ou ter feitos os dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que se opta.

I Concurso de Carteis "Difunde o Viveiro"

O CIFP Politécnico de Santiago convoca o concurso de carteis "Difunde o Viveiro"

A participación no concurso de carteis é libre para calquera estudante de Ciclo Formativo que estea matriculado durante o curso 2013-2014 en Santiago de Compostela.

O período de envío de carteis estará aberto ata o 31 de marzo de 2014.


O cartaz deberá incluír información relativa ao Viveiro.

Tematica libre tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión.

Cada concursante poderá presentar máis dun cartaz..

Premio: Existirá un único cartaz premiado cuxo autor será agasallado cunha Tableta de última xeración.

Máis información no CIFP Politécnico de Santiago, teléfono 981 522 062 


Programación intensivo de inmersión lingüistica en inglés en España
Luns, 10 Marzo de 2014
O Ministerio de educación convoca 2000 bolsas para estaza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüistica en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2014.

Requisitos:
- Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1997 e estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:




Bacharelato
Ensinazas profesionais de música e danza
Grao mendio de Formación Prefesional,
Grao medio de artes plásticas e deseño,
Grao medio de ensinazas deportivas e
Ensinazas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

- Ter obtido no cursos 2013-2014 a cindición de bolseiro do Ministerio de Educación.
- Todos os solicitados deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.


A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 2 de abril de 2014.
Máis información no BOE do 10 de marzo de 2014 e en www.educacion.es

IX Premio de banda deseñada “Castelao”



A Deputación da Coruña convoca un concurso no que poderán participar todas as persoas maiores de idade, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega. Temática libre dunha historia única ou dun conxunto de historias
Establécese un premio único dotado con 6.500 €
A Deputación publicará a obra premiada.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 4 de abril de 2014.


Curso de monitor de actividades de tempo libre en Compostela 




O Concello de Santiago de Compostela organiza un curso de monitor de actividades de tempo libre. Curso oficial que capacita ser monitores de tempo libre.
Os contidos teóricos do curso:
1 Bases psicosociolóxicas da educación no tempo libre.
2 Bases pedagóxicas da educación no tempo libre.
3 Área de animación: técnicas e recursos do monitor de tempo libre.
4 Lexislación vixente para actividades de tempo libre.

Datas de realización:  xuño (18, 19, 20, 21, 27, 28 ) xullo (17- 31) 
Horario: De 9 a 14 h. e de 16,30 a 21,30 h.
Máis información : Monitor de actividades de tempo libre