mércores, 5 de febreiro de 2014

I Certame de canción de autor en galego: E ti, tes fame? PDF Imprimir
Martes, 28 Xaneiro 2014 09:48
guitarraO Concello de Teo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o I Certame de Canción de Autor en Galego "E ti, tes fame?", ao que poden concorrer intérpretes noveis de calquera estilo musical cantado en lingua galega.
Requisitos:Poderán participar todas aquelas autoras/autores maiores de 16 anos que compoñan e interpreten temas musicais vocais en lingua galega (que sexan inéditos e orixinais).
Os participantes non terán ningún disco editado profesionalmente. Tampouco contarán con ningún contrato asinado cun selo discográfico a nivel individual.
Admítense todos os estilos musicais.
O/a autor/a das cancións deberá ser que as interprete. Poderá acompañarse dun instrumento ou, no seu defecto, permitirase o acompañamento dun segundo músico instrumentista.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 10 de marzo de 2014 e a inscrición, de balde, xestiónase desde o web do Concello de Teo.
Establécese un premio do xurado á mellor canción de autor/a en galego e cadanseu accésit do público á canción máis orixinal e á/ao mellor artista.
Máis información en http://www.concellodeteo.com/eadministracion/convocatoria.php?id=278&lg=gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario