mércores, 5 de febreiro de 2014

Benestar convoca o concurso para elaborar o cartel do certame ‘Xuventude Crea 2014’



-A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar o concurso para elaborar o cartel do certame ‘Xuventude Crea 2014’. Poderán participar nesta iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude os mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambos inclusive, e residentes en Galicia, agás o gañador do premio da edición do ano anterior. O prazo de admisión das obras rematará o 28 de febreiro. As bases do concurso xa están publicadas na web de xuventude.xunta.es. O gañador recibirá un único premio de 500 euros. Os obxectivos fundamentais desta iniciativa é que os mozos e mozas galegos poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, fomentar a creatividade xuvenil, como mostra do talento que amosa a mocidade galega. O certame ‘Xuventude Crea 2014 convocarase no mes de abril a través dunha orde. Na edición 2013 participaron máis de 300 mozos e mozas que presentaron 238 traballos nas 11 especialidades creativas, o que converte a este concurso na mostra máis importante de creatividade xuvenil de Galicia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario