mércores, 9 de abril de 2014

Actividades de 18 a 30 anos

ACTIVIDADES:



CÓDIGOS
QUENDAS COTA
271001 1 – 12 xullo 120 €
Programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e da Galicia exterior, coa finalidade de lles dar a coñecer a realidade galega de xeito lúdico a través de experiencias nas  que eles sexan os protagonistas.


ACTIVIDADES DA 1ª QUENDA
Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Lugo. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Camiño Francés), ata Compostela.
O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.

Aloxamento:
Días 1.º ao 6.º: Residencia Xuvenil LUG II (Lugo).
Días 7.º ao 12.º: Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo).

Teléfonos982 294 251 - 982 294 923
ACTIVIDADES DA 2.ª QUENDA
Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Ourense. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Vía da Prata ou Sanabrés) ata Compostela.
O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.

Aloxamento:
Días 1.º ao 6.º: Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).

Días 7.º ao 12.º: Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo).

Viaxe:

Esta travesía rememora a peregrinación de San Francisco de Asís e a Traslatio do apóstolo a Santiago de Compostela por mar e, posteriormente, ata Santiago de Compostela por terra.

O obxectivo do programa será unir distintas vilas de portos coa tradición Xacobea, mediante o desenvolvemento e a educación de todas aquelas persoas con ganas de coñecer e achegarse ao mar.

Teléfonos
982 294 251 - 982 294 923Fax982 294 339 Correo
xuventudelugo@xunta.es

Concurso de deseño: campaña libre

Concurso de deseño: campaña libre
 A súa finalidade é fomentar a conducción segura e responsable. 
A Conselleria de Traballo e Benestar, fai un concurso con fin de realizar o cartel de campaña. Poderan participar todas as persoas entre 18 e 30 anos e residentes en Galicia. o tema é libre. É obrigatorio ter unha imaxe(libre) e un texto(libre). Poden realizarse de forma individual ou en grupo. 
Pódense facer dúas obras individuais, inéditas e en galego.
As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado considere oportunas. En ningún caso poden levar nin o nome nin a sinatura.
As obras, deben ir acompañadas dos ducumentos:

  • Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
  • Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado. aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
  • Dentro do sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, copia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito, ficha explicativa e CD da obra. Se se apreciasen defectos ou falta de documentación, por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.
O prazo de admisión das obras rematará o día 14 de maio de 2014 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño cartel da campaña LIBRE 2014
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela 
O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá como premio un iPod e será membro do xurado da especialidade de carteis do certame Xuventude Crea 2014, condición que terá carácter retribuído.

 

Cartel das festas de San Xoán en Carballo

PDF Imprimir
Luns, 07 Abril 2014 07:32
sanxoan2013O Concello de Carballo convoca un concurso para seleccionar o cartel que anunciará as festas de San Xoán de 2014.
Poderán participar neste Concurso todas as persoas que o desexen, sen límite de idade. Cada autor só poderá presentar unha obra. Non poderán participar os/as concursantes que resultaran gañadores/as nas últimas dúas edicións deste conscurso.
A técnica a utilizar será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reproducción fotomecánica.
 
As obras serán inéditas e os motivos do deseño son libres, se ben deberá figurar o seguinte lema:

San Xoán 2014 do 22 ao 29 de xuño. Carballo

O cartel realizarase en vertical, e o seu tamaño deberá estar comprendido entre 40 e 55 cm de base e 55 e 75 cm de altura.
A dotación do premio é de 450 € e está patrocinada por OPTICALIA ENRÍQUEZ
Nos carteis non deberá constar o nome do autor ou autora, figurando na parte posterior o pseudónimo empregado. Cada traballo irá acompañado dun sobre pechado, que no exterior levará escrito o pseudónimo do/a autor/a, e no interior o nome completo do autor ou autora, enderezo, teléfono, e pseudónimo empregado.
Os traballos deberán presentarse na Concellería de Cultura do Concello de Carballo, persoalmente ou por correo certificado antes do 16 de abril de 2014.
No exterior do sobre que conteña o cartel deberá constar:
CONCURSO DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN XOÁN 2014
Concello de Carballo
Pazo da Cultura
Rúa do Pan, s/n
15100 Carballo (A Coruña)
Máis información en www.carballo.org

mércores, 2 de abril de 2014


Campus Científicos de Verán 2014


CAMPUSCIENTIFICOSO Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2014 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 29 de xuño ao 26 de xullo de 2014, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
- Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 29 de xuño ao 5 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 6 ao 12 de xullo.
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 13 ao 19 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 20 ao 26 de xullo.
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER)
En Galicia:
Requisitos:Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1996.
Alumnos que no curso 2012-2013 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2012-2013 igual ou superior a 7,50 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónicahttp://www.campuscientificos.es/
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de abril de 2014.
Máis información no BOE do 1 de abril de 2014 e en http://www.campuscientificos.es/ 

mércores, 19 de marzo de 2014

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.


A Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2014.
-Ciclos Formativos de Grao Medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 4 de xuño de 2014.
Poderán inscribirse nás probas de acceso quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

-Ciclos Formativos de Grao Superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos. Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e estean nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
b) Facer ou ter feitos os dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que se opta.

I Concurso de Carteis "Difunde o Viveiro"

O CIFP Politécnico de Santiago convoca o concurso de carteis "Difunde o Viveiro"

A participación no concurso de carteis é libre para calquera estudante de Ciclo Formativo que estea matriculado durante o curso 2013-2014 en Santiago de Compostela.

O período de envío de carteis estará aberto ata o 31 de marzo de 2014.


O cartaz deberá incluír información relativa ao Viveiro.

Tematica libre tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión.

Cada concursante poderá presentar máis dun cartaz..

Premio: Existirá un único cartaz premiado cuxo autor será agasallado cunha Tableta de última xeración.

Máis información no CIFP Politécnico de Santiago, teléfono 981 522 062 


Programación intensivo de inmersión lingüistica en inglés en España
Luns, 10 Marzo de 2014
O Ministerio de educación convoca 2000 bolsas para estaza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüistica en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2014.

Requisitos:
- Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1997 e estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:




Bacharelato
Ensinazas profesionais de música e danza
Grao mendio de Formación Prefesional,
Grao medio de artes plásticas e deseño,
Grao medio de ensinazas deportivas e
Ensinazas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

- Ter obtido no cursos 2013-2014 a cindición de bolseiro do Ministerio de Educación.
- Todos os solicitados deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.


A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 2 de abril de 2014.
Máis información no BOE do 10 de marzo de 2014 e en www.educacion.es

IX Premio de banda deseñada “Castelao”



A Deputación da Coruña convoca un concurso no que poderán participar todas as persoas maiores de idade, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega. Temática libre dunha historia única ou dun conxunto de historias
Establécese un premio único dotado con 6.500 €
A Deputación publicará a obra premiada.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 4 de abril de 2014.


Curso de monitor de actividades de tempo libre en Compostela 




O Concello de Santiago de Compostela organiza un curso de monitor de actividades de tempo libre. Curso oficial que capacita ser monitores de tempo libre.
Os contidos teóricos do curso:
1 Bases psicosociolóxicas da educación no tempo libre.
2 Bases pedagóxicas da educación no tempo libre.
3 Área de animación: técnicas e recursos do monitor de tempo libre.
4 Lexislación vixente para actividades de tempo libre.

Datas de realización:  xuño (18, 19, 20, 21, 27, 28 ) xullo (17- 31) 
Horario: De 9 a 14 h. e de 16,30 a 21,30 h.
Máis información : Monitor de actividades de tempo libre

 


mércores, 12 de marzo de 2014

XVII Concurso de carteis da Festa do Polbo

 
O Concello de Mugardos convoca o XVII Concurso de carteis da Festa do Polbo.
1 Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.

2 Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. Non se pode facer por ordenador,ten que ser orixinal.
Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto:

  XXIV Festa do Polbo
  Concello de Mugardos
  Sábado, 12 de xullo de 2014
3 O prazo de presentación estará aberto todo o mes de marzo de 2014.

4 Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla cos datos completos do autor/a: nome e apelidos, idade, enderezo completo e teléfono.

5 O premio e500 € .
Lingua Galega

presentado por Correspondente de Xelmírez 1;
Concurso de curtas Revoltallo audiovisual 2014 (Oixuventude.net)
revoltallo
Bases do concurso:
-As curtas presentadas serán de temática social e/ou ambiental.
-O idioma das mesmas será o galego ou o castelán e, de estar noutro idioma, deberán estar subtituladas.
-Os materiais audiovisuais entregados terán unha duración máxima de 20 minutos.
As curtas entregaranse co seguinte material e documentación:
-Unha copia da obra en DVD
-Ligazón para descargar a curta
-Breve sinopse da curta
-Biofilmografía da persoa que dirixe ou produce a curta
-Fotografía ou fotograma da obra
-Ficha de inscrición
-A entrega farase por correo postal ou entrega en man no enderezo: revoltallo2014@gmail.com
Rúa Corredoira das Fraguas.
-A data límite de entrega é o 30 de abril de 2014. Os envíos postais deberán ter como data límite de saída o 30 de abril.

O
premio á curta gañadora consistirá nunha cesta de produtos ecolóxicos de hortas locais e de comercio xusto.
Para máis información:

FOTOGRAFÍA LUIS KSADO
 camaraantiga

A Deputación da Coruña convoca o XI Premio de creación fotográfica Luis Ksado
Poderán participar as persoas interesadas maiores de idade e que non fosen premiadas nas edicións anteriores.

Establécese un único premio de 6,500 E.
O proceso de admisión estará aberto ata o 29 de agosto de 2014.
Máis información www.dicoruna.es/cultura/premios/ksado



IX Premio de banda deseñada “Castelao”
Xoves, 20 febreiro 2014 11:50
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores,que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas. Máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).
A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 4 de abril de 2014.
                                                                                Establécese un premio único dotado con 6.500 €
Máis información no BOP da Coruña e en www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao

VI Concurso de rock “Deputación da Coruña”



Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
Premios:1º clasificado 3.000 €
2º e 3º clasificado 1.500 €
4º e 5º clasificado 1.000 €

Dossier fotográfico e de prensa
CD ou traballo discográfico composto polo grupo

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de maio de 2014.
Máis información en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/rock


mércores, 19 de febreiro de 2014



O obxectivo de InvestigArte é achegar a investigación científica e a súa importancia á sociedade utilizando como vehículo os medios visuais (fotografía, ilustración, video, etc), medios accesibles e visualmente atractivos que permiten, acompañados de pequenos textos, a divulgación de forma sinxela de descubrimentos científicos actuais doutro modo inaccesibles para a maioría da poboación. Poden participar alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional.
O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 3 de marzo de 2014.

Concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" da USC

-Poderán participar no Concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" convocado pola USC calquera alumna/o das universidades galegas, de maneira individual ou en grupo, estudantes de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia, en grupos dun máximo de tres estudantes, coordinados por un profesor/a.
-Os participantes deberán presentar un vídeo de, como máximo, dous minutos de duración sobre un tema relacionado coas Matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación), ou ben, cun carácter divulgador.
Prazo para participar: ata o 31 de marzo de 2014.


Premios literarios MinervaPDFImprimir
minerva2014O colexio M. Peleteiro  convoca premios literarios para alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato de calquera centro galego.
Modalidades de:
- Poesía, cun conxunto de tres poemas.
- Narración, de tema libre, cunha extensión máxima de seis folios.
prazo de entrega estará aberto ata o 14 de marzo de 2014.
Os tres premios de cada modalide están dotados de 600, 400 e 250 € respectivamente. Aos galardoados faraselles tamén entrega dunha medalla de prata conmemorativa e as súas obras serán publicadas polo Colexio. 


XXIV Concurso de Contos Vila de Pontedeume



O concurso de contos está dirixido a estudantes de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
O prazo de presentación estará aberto ata o 8 de abril de 2014.
Premio: 759,50 €.






Oixuventude Traballo
Link da páxina:
XI Concurso Escolar de debuxo Valedor do pobo; no Xoves, 13 de Febreiro 2014 as 11:24

A Valedora do pobo de España, coa colaboración da ONG Globalización dos Dereitos Humanos, convocan o XI Concurso Escolar de debuxo Valedor do pobo.
1. Poderán participar todos os alumnos de ensinanzas Primaria e Secundaria de España.
2. Os premios serán entregados en Madrid pola Valedora do pobo.
3. Para poder participar no concurso cada alumno deberá presentar un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, relativo aos dereitos humanos. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4.
4. Establécense seis premios: tres para Primaria e tres para Secundaria, (ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio) consistentes nun ordenador portátil netbook para cada gañador. Os premiados tamén recibirán do Valedor do pobo unha axuda económica para o seu desprazamento a Madrid para recoller o premio. O xurado poderá conceder as mencións honoríficas que considere oportunas, así como declarar deserto calquera dos premios.
 
5. Os centros educativos con alumnos premiados recibirán un diploma de recoñecemento.
6. Os traballos candidatos ao premio faranse chegar, antes do
20 de abril de 2014, á seguinte dirección postal: Apartado de correos 15020, 46015 Valencia.
7. Para identificar perfectamente todos os traballos, os debuxos deberán levar pegado ou grampado un sobre en cuxo exterior se faga constar "Concurso Valedor do pobo 2014" e o curso no que estea matriculado o concursante, e en cuxo interior debe figurar o nome e apelido do concursante, a súa idade (en caso de ser menor deberá contar cunha autorización dos seus pais ou titores para participar segundo formulario que se achega), curso e centro en que estea matriculado, así como o teléfono do centro.
Os concursantes menores de idade deberán acompañar o seu traballo cunha autorización dos seus pais ou titores legais, segundo o
formulario ofcial das bases.

mércores, 12 de febreiro de 2014

 








 O Concello de Sada convoca a X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire.
Poderán concursar grupos con interese. Cada un presentará o número de obras que desexe, das cales só unha será seleccionada                                                                                                                       
É imprescindible presentar, xunto coa inscrición, un vídeo en formato DVD.A inscrición das obras presentadas ó certame será realizada por representante autorizado/a da compañía. A inscrición deberá constar de título do espectáculo e autor/a, da sinopse, da duración, do reparto e das características técnicas. É deberán sinalarse os datos postais da persoa responsable, así como o nome, apelidos, domicilio fiscal da compañía ou grupo e nº de telefono.                                                                                                           O premio para o mellor espectáculo son de 400 E por parte do xurado, e 400 E por votación directa do publico.
Un premio do xurado serán de 200 € á mellor actriz e 200 E o mellor actor                                                  O Concello de Sada aboará 100 € para grupos con domicilio fiscal situado a unha distancia de ata 50 km. de Sada; 200 € para grupos con domicilio fiscal situado a máis de 50km. e ata 150 km. de distancia de Sada; e 300 € para grupos que teñan o seu domicilio fiscal situado a máis de 150 km. de Sada.                   
As funcións de presentación das obras seleccionadas, terán lugar dende o sábado 15 de marzo ata o domingo 30 de marzo de 2013.O día 30 o da realización da Gala de Clausura e entrega de premios da X Mostra.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de febreiro de 2014.
Máis información en www.concellodesada.com

X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire

X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire PDF Imprimir
Venres, 07 Febreiro 2014 11:08
teatrosadaO Concello de Sada convoca a X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire.
Poderán concursar todos os grupos afeccionados que teñan interese. Cada grupo presentará a concurso o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.
As obras poderán ser representadas en calquera idioma.
Será imprescindible presentar, xunto coa inscrición, un vídeo do espectáculo completo, en formato DVD.
Inscrición:A inscrición das obras presentadas ó certame será realizada por representante autorizado/a da compañía. Na inscrición deberá constar:
Título do espectáculo/autor.
Sinopse.
Duración.
Reparto.
Características técnicas (medidas da escenografía, plano de luces, etc.
Coa inscrición deberán sinalarse os datos postais da persoa responsable, así como o domicilio fiscal da compañía ou grupo:
Nome e apelidos.
Dirección.
Teléfonos.
Correo electrónico.
Domicilio fiscal da compañía ou grupo.
Premios:Outorgarase un premio de 400 € ó mellor espectáculo para o xurado.
Un premio de 400 € ó mellor espectáculo para o público, por votación directa en cada función.
Haberá un premio do xurado de 200 € á mellor actriz.
Outro premio do xurado de 200 € ao mellor actor.
O Concello de Sada aboará as seguintes cantidades para os grupos de teatro seleccionados:
100 € para grupos con domicilio fiscal situado a unha distancia de ata 50 km. de Sada.
200 € para grupos con domicilio fiscal situado a máis de 50km. e ata 150 km. de distancia de Sada.
300 € para grupos que teñan o seu domicilio fiscal situado a máis de 150 km. de Sada.
As funcións de presentación das obras seleccionadas na X Mostra de Teatro do Concello de Sada, Premios Pintor Lloréns, terán lugar dende o sábado 15 de marzo ata o domingo 30 de marzo de 2013, sendo o día 30 o da realización da Gala de Clausura e entrega de premios da X Mostra.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de febreiro de 2014.
Máis información en www.concellodesada.com e no BOP da Coruña do 7 de febreiro de 2014.
                                     X MOSTRA DE TEATRO CONCELLO DE SADA



O Concello de Sada convoca unha mostra de teatro para afeccionados. As obras poden representarse en calquera idioma. Será imprescindible presentar xunto á inscrición, un vídeo do espectáculo completo en formato DVD
O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de febreiro
Premios:
400 euros o mellor espectaculo para o xurado
400 euros o mellor espectaculo para o publico
200 euros o mellor actor
200 euros a mellor actriz.

X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire.


O Concello de Sada convoca a X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire.
Poderán concursar todos os grupos afeccionados que teñan interese. Cada grupo presentará a concurso o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.
As obras poderán ser representadas en calquera idioma.
Será imprescindible presentar, xunto coa inscrición, un vídeo do espectáculo completo, en formato DVD.
Premios:Outorgarase un premio de 400 € ó mellor espectáculo para o xurado.
Un premio de 400 € ó mellor espectáculo para o público, por votación directa en cada función.
Haberá un premio do xurado de 200 € á mellor actriz.
Outro premio do xurado de 200 € ao mellor actor.

prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de febreiro de 2014.




O Concello de Sada convoca a X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire.
Poderán concursar todos os grupos afeccionados que teñan interese. Só poderá ser seleccionada unha obra, poderán ser representadas en calquera idioma.
O
 prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de febreiro de 2014.
Premios:
400 € ó mellor espectáculo para o xurado.
200 € á mellor actriz.

Máis información en www.concellodesada.com e no BOP da Coruña do 7 de febreiro de 2014.



mércores, 5 de febreiro de 2014



 
É un concurso de mensaxes de amor dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo é dinamizar o uso da lingua entre a mocidade nas relacións persoais e novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.
Para participar, cubrir o formulario na paxina http://xuventude.xunta.es/2014013012423/lingua-de-namorar-mensaxes.html
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes. (extensión máx. de 350 caracteres por mensaxe). Deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou verso.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • PlayStation 4 500 XB
  • Mesa de mesturas de dj
  • MP3 acuático
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
  • GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
  • MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas
Prazos de participación e votación
  • O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 23 de febreiro.
  • Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
Xurado e resolución
O xurado reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios/as en cada unha das categorías de idade.
Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 10 de marzo na seguinte pax. 
É un concurso de mensaxes de amor dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo é dinamizar o uso da lingua entre a mocidade nas relacións persoais e novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.
Para participar, cubrir o formulario na paxina http://xuventude.xunta.es/2014013012423/lingua-de-namorar-mensaxes.html
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes. (extensión máx. de 350 caracteres por mensaxe). Deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou verso.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • PlayStation 4 500 XB
  • Mesa de mesturas de dj
  • MP3 acuático
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
  • GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
  • MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas
Prazos de participación e votación
  • O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 23 de febreiro.
  • Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
Xurado e resolución
O xurado reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios/as en cada unha das categorías de idade.