mércores, 9 de abril de 2014

 

Cartel das festas de San Xoán en Carballo

PDF Imprimir
Luns, 07 Abril 2014 07:32
sanxoan2013O Concello de Carballo convoca un concurso para seleccionar o cartel que anunciará as festas de San Xoán de 2014.
Poderán participar neste Concurso todas as persoas que o desexen, sen límite de idade. Cada autor só poderá presentar unha obra. Non poderán participar os/as concursantes que resultaran gañadores/as nas últimas dúas edicións deste conscurso.
A técnica a utilizar será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reproducción fotomecánica.
 
As obras serán inéditas e os motivos do deseño son libres, se ben deberá figurar o seguinte lema:

San Xoán 2014 do 22 ao 29 de xuño. Carballo

O cartel realizarase en vertical, e o seu tamaño deberá estar comprendido entre 40 e 55 cm de base e 55 e 75 cm de altura.
A dotación do premio é de 450 € e está patrocinada por OPTICALIA ENRÍQUEZ
Nos carteis non deberá constar o nome do autor ou autora, figurando na parte posterior o pseudónimo empregado. Cada traballo irá acompañado dun sobre pechado, que no exterior levará escrito o pseudónimo do/a autor/a, e no interior o nome completo do autor ou autora, enderezo, teléfono, e pseudónimo empregado.
Os traballos deberán presentarse na Concellería de Cultura do Concello de Carballo, persoalmente ou por correo certificado antes do 16 de abril de 2014.
No exterior do sobre que conteña o cartel deberá constar:
CONCURSO DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN XOÁN 2014
Concello de Carballo
Pazo da Cultura
Rúa do Pan, s/n
15100 Carballo (A Coruña)
Máis información en www.carballo.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario