A súa finalidade é fomentar a conducción segura e responsable.
A Conselleria de Traballo e Benestar, fai un concurso con fin de realizar o cartel de campaña. Poderan participar todas as persoas entre 18 e 30 anos e residentes en Galicia. o tema é libre. É obrigatorio ter unha imaxe(libre) e un texto(libre). Poden realizarse de forma individual ou en grupo.
Pódense facer dúas obras individuais, inéditas e en galego.
As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado considere oportunas. En ningún caso poden levar nin o nome nin a sinatura.
As obras, deben ir acompañadas dos ducumentos:
- Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
- Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado. aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
- Dentro do sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, copia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito, ficha explicativa e CD da obra. Se se apreciasen defectos ou falta de documentación, por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.
Concurso deseño cartel da campaña LIBRE 2014
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela
O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá como premio un iPod e será membro do xurado da especialidade de carteis do certame Xuventude Crea 2014, condición que terá carácter retribuído.
Ningún comentario:
Publicar un comentario