mércores, 2 de abril de 2014


Campus Científicos de Verán 2014


CAMPUSCIENTIFICOSO Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2014 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 29 de xuño ao 26 de xullo de 2014, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
- Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 29 de xuño ao 5 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 6 ao 12 de xullo.
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 13 ao 19 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 20 ao 26 de xullo.
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER)
En Galicia:
Requisitos:Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1996.
Alumnos que no curso 2012-2013 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2012-2013 igual ou superior a 7,50 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónicahttp://www.campuscientificos.es/
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de abril de 2014.
Máis información no BOE do 1 de abril de 2014 e en http://www.campuscientificos.es/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario