mércores, 12 de febreiro de 2014

X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire

X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire PDF Imprimir
Venres, 07 Febreiro 2014 11:08
teatrosadaO Concello de Sada convoca a X Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire.
Poderán concursar todos os grupos afeccionados que teñan interese. Cada grupo presentará a concurso o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.
As obras poderán ser representadas en calquera idioma.
Será imprescindible presentar, xunto coa inscrición, un vídeo do espectáculo completo, en formato DVD.
Inscrición:A inscrición das obras presentadas ó certame será realizada por representante autorizado/a da compañía. Na inscrición deberá constar:
Título do espectáculo/autor.
Sinopse.
Duración.
Reparto.
Características técnicas (medidas da escenografía, plano de luces, etc.
Coa inscrición deberán sinalarse os datos postais da persoa responsable, así como o domicilio fiscal da compañía ou grupo:
Nome e apelidos.
Dirección.
Teléfonos.
Correo electrónico.
Domicilio fiscal da compañía ou grupo.
Premios:Outorgarase un premio de 400 € ó mellor espectáculo para o xurado.
Un premio de 400 € ó mellor espectáculo para o público, por votación directa en cada función.
Haberá un premio do xurado de 200 € á mellor actriz.
Outro premio do xurado de 200 € ao mellor actor.
O Concello de Sada aboará as seguintes cantidades para os grupos de teatro seleccionados:
100 € para grupos con domicilio fiscal situado a unha distancia de ata 50 km. de Sada.
200 € para grupos con domicilio fiscal situado a máis de 50km. e ata 150 km. de distancia de Sada.
300 € para grupos que teñan o seu domicilio fiscal situado a máis de 150 km. de Sada.
As funcións de presentación das obras seleccionadas na X Mostra de Teatro do Concello de Sada, Premios Pintor Lloréns, terán lugar dende o sábado 15 de marzo ata o domingo 30 de marzo de 2013, sendo o día 30 o da realización da Gala de Clausura e entrega de premios da X Mostra.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de febreiro de 2014.
Máis información en www.concellodesada.com e no BOP da Coruña do 7 de febreiro de 2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario